O comedor do centro precisa de colaboradores

O Consello da Xunta ven de autorizar, de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número preciso de colaboradores que 
cumpran coas actuais condicións, a posibilidade de abrir unha nova lista de colaboradores voluntarios mentres a situación producida pola pandemia do COVID-19 persista.

Estamos autorizados a ter ata 14 colaboradores por xornada. De forma excepcional poderán inscribirse na nova lista colaboradores voluntarios que sexan familia e convivan no mesmo domicilio do alumnado usuario do servizo.

Adxúntase a información e requisitos para poder formar parte da lista 
de colaboradores de comedor.

Pregamos a vosa colaboración co obxecto de procurar unha mellora na organización e prestación do servizo de comedores. É de suma importancia dispoñer dos colaboradores suficientes que poidan cubrir estes postos tanto de forma habitual como en causas de ausencia.

Encarga de comedor
CEIP Praia Xardín

AdxuntoTamaño
Nota informativa comedor escolar outubro 2020.pdf124.1 KB