Trompos ao camiño
Enviado por ceippio12 o Lun, 2013-11-04 18:40
|
Na semana do 11 ao 15 de novembro realizaremos no colexio unha exposición de trompos decorados, na que poderá participar todo o alumnado.
XOGAR AOS TROMPOS Pode xogar un só, por diversión, ou con outros. Faise nun terreo duro de terra, xeralmente nun camiño. É un xogo típico de utono que actualmente está en desuso. O trompo é unha peza de madeira de forma cónica, cunha pica na punta e unha parte saínte no outro extremo chamada cú. Os máis correntes teñen unha altura aproximada de 7 cm, incluída a pica, e un diámetro de 4,5 cm na parte máis ancha. Había uns trompos máis pequenos e outros máis grandes chamados carabinas que se facían de madeira na casa. Para facer bailar o trompo emprégase o chorrillo, cordel ou brenza, un anaco de cordel de aproximadamente1,10 mde lonxitude que se enlea arredor comezando pola pica e deixando unha parte solta para enganchar nos dedos. Hai dúa maneiras de tirar o trompo para facelo bailar:
Ás veces cámbiaselle a pica aos trompos para que teñan saída, que bailen mellor e non queden dentro do círculo. REFRÁNS
|
|
|
»