Ballet


DESCRICIÓN   O ballet clásico xoga un papel importante na formación dos nenos(as) pois a través da disciplina desenvolvida na clase, moldéase a personalidade. Por medio da danza desenvólvese tamén a facilidade de expresión corporal, así como a memoria, o equilibrio, o oído musical e o sentido do ritmo. A danza estimula o desenvolvemento normal dos sentimentos de liberdade e cooperación mediante o traballo grupal.
OBXECTIVOS   Estructura das clases de Pre-ballet: (ballet infantil)
Estructura das clases de Ballet (ballet primaria)
Dar aos alumnos/as a posibilidade de lograr armonía nos seus movementos mellorando así a sensibilidade, e educando o oído por medio da música culta ou clásica. 
Acadar mellor postura e coordinación
Mellorar a psicomotricidade
Axudar na corrección do pé plano
Cultivar o espírito por medio da música clásica
Modelar a personalidade a través da disciplina desenvolvida na clase.
Crear unha conciencia e un respecto na presencia e no espazo dos demais.
PREZO 17 €. 2h/semana 10 €.Infantil 1h/semana
PROFESORADO Mercedes Martínez (Memé)