Entroido 13


 

O vindeiro 8 de febreiro celebraremos o Entroido no noso centro cun desfile polo interior do recinto ás 11:30 h.

Ese día o alumnado virá disfrazado da súa casa.

Neste curso, ao estarmos a desenvolver no centro o proxecto de reciclaxe “Recíclate con Sogama” queremos facer una proposta para integrar a festa do Entroido no mesmo e tentar de darlle dese xeito, un enfoque ecolóxico e económico, procurando que os disfraces se confeccionen, con materiais, roupas, etc. dos que poidamos dispor na casa.

Tamén vos comunicamos que ao longo da semana do 8, e entre o luns e o xoves, realizaremos un Meco no centro que ditará as correspondentes ordes de Entroido para que cada día o alumnado traia unha prenda que se irá sumando ao longo da semana á súa vestimenta. As ordes de cada día poderanse consultar día a día tanto nos taboleiros das entradas así como na páxina web do centro.

E como non podía faltar a comida nestas datas, o alumnado de Ed. Infantil o xoves día 7 realizará unha festa-degustación de produtos típicos destas festas.

    GRUPOS
    DESFILE
DEGUSTACIÓN. EI   
Vídeo da TVG. A partires do minuto 25.