Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
LandArt
PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE O Land Art é unha tendencia da arte contemporánea, que utiliza o marco e os materiais da natureza (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre». A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ao observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ao mesmo tempo a dor, debido á deterioración ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-artista co medio.
|
|
|||
|