Convocatoria asemblea ordinaria ANPA A Ferradura

Convócase a 1ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da ANPA “A Ferradura” do curso 2012-2013, a celebrar na sala de vídeo do colexio o martes 27 de novembro ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria, con orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Informes da Xunta Directiva.
  3. Informe económico e aprobación das contas do exercicio 2011-2012.
  4. Rolda aberta de intervencións.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

 

Co fin de facilitar a asistencia, para aqueles pais/nais que o precisen, desde a ANPA ofértase un servizo gratuíto de atendemento aos nenos/as, durante o tempo de celebración da asemblea.