Magosto 12


 

O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro,  ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva este nome.

 Nós, no colexio, celebrarémolo o luns 9 de novembro.

 

...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O MAGOSTO

 

  • O MAGOSTO EN EI
  • O MAGOSTO EN EP

 



 
  • EXPOSICIÓN SOBRE OS PRODUTOS DO MAGOSTO. Nesta exposición, promovida desde o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, poderemos observar produtos típicos que se consumen nestas datas.
  • MURAIS e actividades de aula
 

O Outono parécenos a ocasión idónea para presentar o arte de Giuseppe Arcimboldo, pintor italiano coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humán a partir de frores, prantas, animais ou obxectos; isto é, pintaba representacións destes obxectos no liexzo, colocados de tal xeito que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.  Unha das súas obras máis recoñecida é a serie das estacións (1573)
Coa proximidade do Samaín e Magosto a aula encheuse de castañas, cabazas, follas, avelás, noces, fabas,… e velaí os nosos “outonos”. Queremos crear inspirándonos nos grandes maestros.