Mel de Galicia


 

 

   Mel de Galicia

 


O Mel de Galicia é unha indicación xeográfica protexida con denominación de orixe baixo a cal preténdese destacar a excelencia do mel producido en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre os requisitos de produción, procesado e envasado.
Este mel prodúcese en colmeas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. Preséntase en estado líquido, cristalizado ou cremoso, poidendo conter ademais, no primeiro dos casos, froitos secos. Tamén pode presentar en panais ou seccións.
Dende 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.
A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 620 toneladas (169 toneladas no ano 2000).

  • 21 de maio. Alumnado de 3º EP