Simulacro de evacuación



  PREPARACIÓN DO SIMULACRO DE EVACUACIÓN. 8 DE MAIO


Na Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97) establécese que no regulamento de réxime interior e na programación xeral anual se inclúa o Plan de Autoprotección no que se detallen os mecanismos e medios dispoñibles para facer fronte ante calquera incidencia que afecte a seguridade dos alumnos, profesores e demais persoas, así como das instalacións escolares.

Todas as persoas que forman a comunidade educativa deben coñecer a existencia deste plan e os mecanismos da súa posta en funcionamento. A realización de simulacros de posta en funcionamento contribuirán a garantir a protección dos alumnos, pais, mestres e persoal laboral do centro.

O día 8 de maio estiveron con nós os bombeiros impartindo unha charla preparatoria para a realización do simulacro o día 14 de xuño.