8 de marzo


Día Internacional da Muller


Ola, son Pío o esquío e hoxe quero achegarme a vos para lembrarvos que é un día importante, hoxe é o Día da Muller. E no Día da Muller cómpre falar de mulleres, de mulleres importantes como Wangari Maathai a primeira muller africana que recibíu o Premio Nóbel da Paz polas súas contribucións ao desenvolvemento sostible, á democracia e á Paz. Wangari a quen lle foron chamar “A Muller Árbore” faleceu o pasado 25 de setembro, e por iso nesta data quero que volvamos lembrala tod@s xunt@s investigando un pouquiño sobre a súa vida e a súa colaboración cara á paz e á natureza. Farédelo?.
 
Para axudarvos  un chisco vos deixo uns bonitos enlaces enlaces a youtube:
“Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira”
 
Wangari Maathai: “Seré un colibrí”.
 



Tamén neste Día da Muller quero que lembremos  á muller máis representativa das nosas letras de quen se cumplen 175 anos do nacemento:  ROSALÍA DE CASTRO, a primeira muller que publicou un libro íntegramente na nosa lingua: “Cantares gallegos”. Este feito conmemórase tódolos anos o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aquí vos deixo un enlace para coñecela un pouquiño máis:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 ROSALÍA DE CASTRO puxo rima á voz do noso pobo e da nosa terra con alma de muller. E por iso hoxe tamén queremos lembrar a todas esa mulleres que cos seus oficios de muller puxéronlle alma ao noso pobo e á nosa terra.

 

ANTIGOS OFICIOS DESENVOLVIDOS TRADICIONALMENTE POR MULLERES:

Redeiras

Elas son a estampa máis fotografada de cada porto e as protagonistas dun dos oficios mariñeiros máis antigos; son mulleres de mans áxiles que pon a punto as redes. Non hai porto sen redeiras, polo que se precisa xa a substitución xeracional , interesar ás xóvenes mozas no oficio.

 Sombrereiras: Trátase dun oficio tradicional desenvolvido maioritariamente polas mulleres que elaboraban sombreiros coa palla de centeo (habitualmente) ou de trigo. Non Concello de Brión aínda quedan algunhas mulleres que coñecen esta técnica tradicional.

 
Costureiras: O oficio de costureira, historicamente tamén ligado ás mulleres, foi outrora de gran importancia nos municipios rurais. Grazas á súa destreza coa agulla, moitas mulleres puideron complementar os ingresos familiares e sacar adiante á súa prole. O refrán dinos por que: Quen che fixo costurera? os moitos fillos e a pouca tea.

 
Lavandeiras: estas mulleres tiñan por oficio lavar a roupa. Mostras del son os numerosos lavadoiros repartidos por toda a xeografía galega.

 
Mariscadoras: dende hai moitos anos a actividade destas mulleres consiste na cría, captura e recollida de marisco. Tamén se encargan de limpar as praias de algas invasoras para que non se asfixie o marisco e de sementar a praia con novos bivalves. As mulleres pasan horas agachadas, coa auga ata os nocellos, armadas con sachos , anciños e botas ata os xeonllos para recoller o marisco.

 

 

E só me queda despedirme cunha canción para tempos novos
Tempos de muller de Woyza

…e pedirvos un pequerrechiño favor: que vós tamén lle poñades letra e imaxe a este día e me deixedes no buzón da Biblioteca algún deses escritos con debuxo tan bonitos que sei se vos ocurren.
Grazas, Pío.