Facemos roscas



 

Dentro das actividades de remate de curso, en Educación Infantil adicamos o día 16 de xuño á cociña.
Este ano fixemos roscas. Coa colaboración dun panadeiro profesional organizouse un obradoiro de panadería no que cada nena e neno puido amasar a súa propia rosca, que ao día seguinte levou para a súa casa lista para comer.
Mesturamos fariña, ovos, manteiga, azucre, levadura, anis e acadamos unha masa coa que fixemos dous "churros" que, trenzados, serviron para darlle forma ás nosas roscas.