Santiago. Punto de...


 

A mostra «Santiago, punto de encontro. Obras mestras da Catedral e Caixa Galicia» reúne un total de 58 obras de arte en distintos formatos, provenientes dos fondos da Catedral de Santiago de Compostela e da Colección Caixa Galicia. As obras, afastadas por séculos de historia, repártense a través de dez salas de exposicións que as enfrontan, por primeira vez, en diálogo aberto, ofrecendo un escaparate de excepcionais paralelismos. A Sede Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, onde se alberga a mostra, pasa ser un dos referentes do casco histórico compostelán neste Xacobeo 2010 con esta coidada exposición, comisariada por Juan Monterroso, Enrique Fernández Castiñeiras e Ramón Yzquierdo. Ata o 7 de novembro goza de obras nunca antes expostas fóra da Catedral de anónimos medievais ou do Mestre Mateo, e de xoias máis recentes, firma de artistas coma Dalí ou Picasso, con «Santiago, punto de encontro».

FUNDACIÓN CAIXAGALICIA


  • 27 DE OUTUBRO 5 ANOS A
  • 28 DE OUTUBRO 5 ANOS B
  • 3 DE NOVEMBRO 5 ANOS C