Proxectos de Ciencias

OS PROXECTO DE CIENCIAS NA AULA

ÁNXELES VIDAL. MESTRA EI

 

A LUZ. Vivimos rodeados de luz natural: o sol; e de luz artificial: bombillas...¿por que non empezar a introducir aos nosos alumos/as no tema da ciencia a partir de algo cotiá?
Por iso pensamos, que a luz e as experiencias que se podían xerar entorno a ela, resultarian motivadoras e despertarían a atención e curiosidade dos nosos alumnos/as.
Ademais, moitas das experiencias realizadas forón  de carácter colectivo, non requerían  de recursos complicados e erán de fácil repetición nas súas casas. Trátabase pois dun tópico que a pesares da súa dificultade conceptual, "enganchou" de inmediato aos nenos e nenas.
Esta experiencia realizouse con alumnos de 5 anos durante o curso 2007/08.

O MAGNETISMO. Pretendimos coa posta en marcha deste proxecto, que as nenas e os nenos descubrisen, coñecesen e comprendesen  aspectos científicos relacionados cos imáns que están preto do seu contorno.
Debido a idade dos nosos alumnos/as -3 anos- pareceunos que o magnetismo era unha temática á que eles podían achegarse, xa que as actividades baseábanse fundamentalmente na observación, manipulación e experimentación.
Ademais, os materiais e recursos en xeral necesarios podían ser atopados sen grandes atrancos e non representando perigo algún para os nenos e nenas na súa utilización.
Esta experiencia realizouse con alumnos de 3 anos durante o curso 2008/09

O ATOMO. Cando falamos de traballar o átomo na educación infantil semella algo inicialmente bastante complicado. Sen embargo, este proxecto estamolo a levar adiante este curso 2009/10 co noso grupo de alumnos de 4 anos, sendo o resultado moi satisfactorio.
O primeiro que fixemos foi facer que eles se cuestionaran aspectos relativos aos diferentes materias que están no seu contorno, que se preguntaran o por que dalgunhas propiedades que presentan, e que tratasen de razoar sobre certos cambios que acontecen.
Fixemos unha experiencia cos olores. Por que ule a colonia? E o allo? E o vinagre? E a cebola? Como chegan eses olores ao noso nariz? Facéndoos reflexionar sobre esa cuestión.
O seguinte experimento que fixemos foi coa auga. E para iso deixamos varios días auga nunha botella e observamos como se ía evaporando; tamén observamos como se secaba o encerado cando o mollamos. Que pasa coa auga? A onde foi? Importa a cantidade? E se vai frío ou calor?
Neste momento xa sabemos que as cousas están formadas por unas partículas muy pequenas (atomos) que son diferentes segundo a substancia da que se trate. Agora imos seguir investigando, imos seguir experimentando. Ata onde chegaremos?
É no próximo curso: a calor?, a flotación?, as estrelas?

A colaboración das familias en todas estas actividades é imprescindible, xa que eles continúan e complementan nas súas casas os experimentos que facemos na aula.
Deixar ben claro que o importante non é o concepto de átomo, de luz ou de fenómeno magnético, se non os procesos, as actitudes e as inquedanzas que aparecen ao longo da realización destas actividades. Xa que logo, traballar a ciencia na eduación infantil non é un fin, senón un medio para desenvolver as capacidades e traballar as competencias dos nosos alumnos e alumnas.
A través do noso Sitio Web - http://cienciaeducacioninfantil.es -  mostramos como levamos a ciencia á aula de Educación Infantil.