Proxecto "O Serrido"



 

 

O Proxecto "O Serrido" pretende participar no proceso educativo e formativo da poboación escolar no referente ao medio mariño, coordinándose cos centros escolares para que os alumnos poidan vivir experiencias relacionadas coa pesca e o marisqueo, coñecer os recursos pesqueiros e a cultura mariñeira.

Os Roteiros "O Serrido", son visitas guiadas para escolares pola beiramar nas que se lle amosa o traballo das mariscadoras, a través de diversas actividades e xogos.