Intercambio co CEIP de Rianxo


 

Entre as actividades programadas polo ENDL, destacamos a dos intercambios con outros centros do noso contorno.
O obxectivo da actividade é a de coñecer a outras nenas e nenos da mesma idade, de contornos galego falantes cos que intercambiar coñecementos e experiencias.
Logo dun intercambio de correspondencia, os alumnos e alumnas do CEIP Castelao de Rianxo de 2º nivel achegaronse a Santiago a facernos unha visita. Ensinámoslle o colexio e levámolos ao Concello un dos días de portas abertas. No Concello, unha monitora ensinoulle as distintas dependencias, as vistas da praza do Obradoiro e incluso sentaron nas cadeiras do Salón de Plenos. Ao remate da visita, xa no noso colexio, asistimos todos a un contacontos.
O día 2 de xuño tócanos a nós devolverlles a visita. Pola nosa parte representaremos no Auditorio do Concello a obra de títeres "O peixe arcoiris"

Veremos a casa de Castelao e Manuel Antonio, o museo marítimo, etc...

VER IMAXES VISITA A SANTIAGO

VER IMAXES VISITA A RIANXO