Semana das Letras Galegas 09
INTELIXENCIA ARTIFICIAL. Senén Barro |
A Intelixencia Artificial comenzou como o resultado da investigación en psicoloxía cognitiva e lóxica matemática. A idea de construir unha máquina que poida executar tarefas percibidas como requerimentos de intelixencia humana é un atractivo. As tarefas que foron estudadas desde este punto de vista incluen xogos, tradución de idiomas, robótica, etc. Para falarnos destas cuestións e doutras moitas, tivemos con nós ao Profesor Senén Barro que é Doctor en Ciencias Físicas e Catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial. Tamén desde o 2002 é Reitor da Universidade de Santiago. Alumnado de 3º ciclo. |
|
|
||
"OS DE LAURA" |
A cerámica de Buño está considerada como unha das mellores de Galicia e a que mellor conserva as formas autóctonas tradicionais de clara inspiración celta. Alumnado de Infantil e Primaria. |
|
|
||
PAPIROFLEXIA. Miguel Núñez de Arena |
O Origami ou Papiroflexia, como se chama en occidente, é unha arte que se basa na técnica do plegado de papel, para obter figuras e formas decorativas. Alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria
|
|
|
||
MAMÁ CABRA |
É un grupo de música infantil formado por sete músicos: bateria, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. Alumnado de Infantil e 1º ciclo |
|
|
||
OBRADOIROBOT |
Como se orienta un robot no espazo? Como mide as distancias? Como pode “ver” os obstáculos que lle rodean? Como fai para poder evitalos? Atoparás a resposta a estas e a moitas outras cuestións en ObradoiroBot, un obradoiro sobre robótica móbil no que poderás guiar, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, un robot usando únicamente a información que el mesmo recolle do seu contorno. Paréceche fácil? Alumnado de 3º ciclo. |
|
|
||
PEPE CARREIRO |
Pepe Carreiro é é un ilustrador de Banda Deseñada. Comezo nesta actividade no ano 1977 e foi un dos fundadores de "Can sen dono". Alumnado de Infantil e Primaria. |
|
|