Maxia para soñar


 

O Teatro Principal acolle estes días unha gala de Compostela Máxica 09 dirixida a público escolar.

O mago Cali presenta un espectáculo dinámico, incríbel e totalmente interactivo, para nos facer soñar espertos. Combínanse distintas especialidades da maxia: maxia de salón, manipulación, mentalismo, dando cabida tamén ás artes afíns como os malabares.


Asiste os días 20, 21 e 22 de abril o alumnado de 3º, 2º e 4º de primaria respectivamente. Ás 12:00.