Concertos didácticos


 

PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL
RECREACIÓN DE XOSÉ ANTÓN NEIRA CRUZ

MÚSICA: A CENERENTOLA DE G. ROSSINI


Gioachino Antonio Rossini é, sen dúbida, un dos autores máis celebrados da historia da música. El mesmo foi un exemplo de fino e elegante humor, un carácter alegre e festivo
que iluminou a escena musical e artística do seu tempo. As súas anécdotas comezaron no mesmo momento do seu nacemento, ao ver a luz o 29 de febreiro do ano bisesto de 1792;
polo que o compositor gustaba de celebrar o seu aniversario cada catro anos. Non estivo exento de anécdota tamén, o feito da súa morte, publicado en prensa en 1818… e
desmentido polo propio compositor, quen aínda viviría outros cincuenta anos.

O prodixio dos zapatos de cristal é unha recreación ou unha reescritura, que o autor galego Xosé Antón Neira Cruz fixo pegado á música de Rossini para La Cenerentola.
É importante que, antes da representación, o mestre/a fale co alumnado sobre o que van ver. Será, neste sentido interesante que insistamos na idea de que o que lles espera no
Auditorio non é exactamente o conto que eles, máis que probablemente, xa coñecen sobre A Cincenta, senón unha relectura, unha historia parecida, algo que ten moito que
ver pero que non é exactamente o mesmo. Que iso é algo que se fai moito na historia da literatura, da música e das artes en xeral: a partir de personaxes xa coñecidas, reinventar
a historia, darlle novos azos, facer que vaia cara outros lugares.

  • Alumnado de 3º. 29 de outubro de 2008.
  • Alumnado de 1º. 30 de outubro de 2008.
  • Alumnado de EI 4 anos. 3 de decembro de 2008.