Cinensino



 

O programa de prevención de drogodependencias “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.
Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección de tres películas irase profundando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

Asiste o alumnado de 5º de primaria.

  • Mércores 29 de outubro de 2008 ás 12:00. "Mr. Magorium y su tienda mágica". Auditorio de Caixa Galicia na Carreira do Conde.
  • Luns 2 de febreiro de 2009 ás 12:00. "Carlitos y el campo de los sueños". Teatro Principal.
  • Mércores 15 de abril de 2009 ás 12:00h. "O espíritu do bosque". Teatro principal.