Museo de Historia Natural. USC
Enviado por ceippio12 o Sáb, 2024-06-29 19:33
|
|
Museo de Historia Natural
Parque Vista Alegre, Santiago de Compostela.
Constitúe o conxunto de patrimonio histórico natural máis importante de Galicia. Trátase do único no seu tipo en toda a comunidade, rica en museos relacionados coa arte e a historia. Os seus fondos, que conservan moitas das coleccións do século XIX, fóronse ampliando co tempo grazas a doazóns, adquisicións e intercambios con outras institucións. Particulares e interesados no desenvolvemento científico, como os membros da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, participaron no enriquecemento do museo. Entre as súas principais funcións están a investigación, a docencia e a divulgación científica. Posúe coleccións de botánica, de zooloxía, de xeoloxía, etc. O museo pon a énfase nas ciencias da vida e especialmente no desenvolvemento científico galego.
Alumnado de 4º de EP
- 15 de novembro. 4ºEP C
- 16 de novembro. 4ºEP A
- 17 de novembro. 4ºEP B
|
|
|
|
|