Proxecto Enreguéifate
Enviado por ceippio12 o Lun, 2023-11-20 16:45
Proxecto Enreguéifate
O Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Os obradoiros Enreguéifate teñen como finalidade que a mocidade aprenda métodos de improvisación oral de xéneros galegos como a regueifa.
|
»