Semana da prevención de incendios 2023

 

Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos
(APTB), en colaboración cos Servizos de Extinción e Prevención de Incendios
de varias administracións españolas, organizan a XVIII edición da Semana
da Prevención de Incendios (SPI2023), un programa de sensibilización cuxo
obxectivo é difundir o coñecemento entre a poboación en xeral sobre a
autoprotección.
É necesario saber identificar os riscos que se poden presentar no noso
contorno: fogares, colexios, lugares de traballo, etc., así como adquirir os
coñecementos necesarios para poder actuar ante unha emerxencia.
Realizaranse obradoiros de prevención de incendios para que os máis
pequenos adquiran hábitos preventivos, converténdose en educadores no
seu ámbito familiar.

  • 6º EI. 16 de outubro ás 11:00.
  • 5º EP. 17 de outubro ás 11:00.
  • 6º EP. 17 de outubro ás 12:00.