2022-2023. Cincocentas millas. Five hundred miles


 

 

Educación Física

Recreos saudables

"Cincocentas millas. Five hundred miles"


”Five hundred miles” (Cincocentas millas) é o título da canción interpretada por  Peter, Paul & Mary que vai dar nome ao noso reto colectivo.
O reto vai consistir en cubrir esa distancia andando en equipos de cinco alumnas e alumnos arredor do edificio escolar nun percorrido de 322m por volta.
Tendo en conta que cinco voltas equivalerían aproximadamente a unha milla (1609m), cada volta realizada por un equipo completo vai equivaler tamén á mesma distancia.
Durante o percorrido cada equipo portará un testemuño que entregará ao seguinte equipo unha vez realizada a volta, selando no seu carné do reto a etapa realizada.
Requírese a participación de todo o alumnado, desde 3º a 6ºEP para cumprir o reto.

Animádevos.