"Historia dun Soldado"


   

CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES

A idea da representación de A Historia do Soldado, en forma de concerto didáctico, xorde da colaboración entre os solistas da Banda Municipal de Santiago de Compostela, da Banda de Música Municipal de A Coruña e da Real Filharmonía de Galicia.Xuntos artellan este espectáculo cheo de ilusión e con proxección de futuro coa intencionalidade de ser representado para o maior número de nenos de Galicia.  

A Historia do Soldado (1918) xurdiu da necesidade de organizar en cidades pequenas algunha actividade musical, tendo en conta a penosa situación económica xeneralizada naquel último ano da guerra. Foi destinada a un pequeño teatro ambulante e a unha pequena orquestra con máis similitde a unha banda de jazz de escasos recursos económicos: a partitura só necesita dun director, sete solistas, dous actores que representan a acción sobre un escenario e un narrador.

A Historia do Soldado é unha pantomima bailada, baseada nun conto de fadas rusos, arredor dun soldado e do demo, que apunta a algo completamente novo, cun tratamento e unha organización rítmica descoñecidas ata daquela. Todo aparece en miniatura (un valse e un tango, unha coral, unha marcha, etc.).