Falamos de libros
Entre os obxectivos que persigue o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro está o do fomento da lectura no noso idioma.Con esta actividade pretendemos achegar ao alumnado ao mundo da literatura e para iso contaremos coa participación de diferentes autores, escritores, editores... relacionados co mundo do libro. Así está confirmada a asistencia de: | ||
Luz Méndez. Lingüista. Experta en toponímia. Mércores 16 de xaneiro. Cursos 5º e 6º. Naceu en Laxe, parroquia de Ventosa (Agolada) co ano 1965. Vive en Santiago desde 1983. No eido profesional, impartiu docencia como profesora asociada da Universidade de Vigo de 1998 a 2005. Ademais traballa desde 1989 como Asesora Lingüística da Televisión de Galicia.É membro fundadora da Asociación Galega de Onomástica (AGOn) e foi a súa presidenta dos anos 2002 a 2006. Forma parte do Consello de Redacción da Biblioteca Galega de Onomástica. É no terreo da Onomástica onde desenvolve o seu labor investigador e sobre este tema versan a maioría dos seus escritos, en concreto, sobre toponimia de Galicia. No ano 2000 publicou a obra ¿Por que se chama así este sitio? (O significado dos nosos nomes de lugar). |
||
|
||
Pere Tobaruela. Autor de contos infantís. “A rebelión das rúas”. Mércores 27 de febreiro. Cursos 3º e 4º. Pere é un neno que medrou e medrou, pero que aínda é un neno, non vos pensedes outra cousa. Hai moito tempo, Pere vivía na afastada Cataluña. E alí escribía e contaba contos aos nenos. Un día, Pere chegou a Galicia e decidiu seguir co seu labor: escribir e contar contos aos nenos. Por iso está hoxe aquí, para paparvos a todos, ¡perdón!, quero dicir para falarvos a todos sobre o mundo dos contos. |
||
|
||
Xosé Durán, licenciado en Química, xornalista e escritor, traballa na Televisión de Galicia desde hai case 23 anos. Despois de traballar na redacción de informativos e deportes, onde foi Redactor-Xefe e Xefe de Deportes, dirixiu diversos documentais de carácter cultural. No departamento de Programas foi autor de guións que deron lugar a varios programas. Exerceu de director e presentador de Reporteiros, O Semanal, entrevistas, programas especiais e actualmente dirixe e presenta o programa de divulgación científica, Ciencianosa. O Asasino Invisible, un libro de dez relatos de ficción científica, editado por Galaxia. |
||
|
||
Paula Carballeira. Autora, poeta, contacontos... Mércores [16/04/08]. Cursos 1º e 2º . Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: “A percura” (1990); “Robín e a boa xente” (1995); “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (1996); “Olo-iepu-iepu” (1999); “Mateo” (1999); “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico” (Xerais 1999); “Paco” (2001); “Correo urxente” (2001); “O ganso pardo” (2002), “A era de Lázaro” (2004), “Smara” (2006) e “Boas noites” (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. Ten publicado, ademais, o poemario “Contatrás” (2006). |
||
|
||
Ana Guerra. Editora. “A fabulación”.“Obradoiro dun libro”. Mércores [28/05/08]. Curso 4º. Ana Guerra é nestes momentos a directora da Editorial Obradoiro, filial de Santillana, adicada en gran medida ao libro de texto. |
||
|