RAOGAL


 

Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)



O CEIP Pío XII foi seleccionado no curso 2022-2023 para formar parte da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)
Co obxectivo de proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades, mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación, desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade púxose en marcha a creación da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia.
En cada centro da rede constituirase unha Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO) que actuará co alumnado e familias pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado.
No curso 2022/2023 no noso créase a UACO do CEIP Pío XII, con ámbito de actuación ademáis do CEIP Pío XII noutros centros da comarca. A persoa responsable desta unidade é a docente Belén Cambeiro Vázquez, quen acompañará, motivará e fará un seguimento personalizado do alumno máis vulnerable educativamente, colaborará coas súas familias e coordinarase cos equipos docentes e departamentos de orientación dos centros do seu ámbito de actuación.
Ademais, esta unidade actuará como canle de comunicación directa entre os centros educativos ao seu cargo, familias, administracións e outras entidades (concello, redes socioeducativas e outras entidades que contribúan a acadar un éxito escolar máis equitativo e inclusivo), tendo en conta a singularidade do alumnado nas zonas rurais así como dos centros da cidade de Santiago que correspondan ao seu ámbito xeográfico de actuación.