2021-2022. Obradoiros medioambientais AMABUL


 

Obradoiros medioambientais AMABUL

Salón de actos.


Dirixidos a centros educativos con alumnado de educación infantil e primaria, estes obradoiros interactivos de 50 min. de duración teñen por obxectivo dar a coñecer:
  • Que son as plantas exóticas invasoras?
  • Distinguir conceptos como autóctono, alóctono, endémico, invasor e exótico.
  • Comprender os principais métodos de introdución e propagación das PEI.
  • Recoñecer a función ecolóxica das plantas autóctonas e do bosque de ribeira

 

  • Alumnado de 4ºEP. 21 de marzo. Salón de Actos.
  • Alumnado de 5ºEP. 25 de marzo. Salón de Actos.