Fondo solidario, axudas libros e material escolar 2021-2022


  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


ORDE do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria  obrigatoria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2021/22  (código  de  procedemento  ED330B).

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
  • A solicitude pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021-2022 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º, 2º de Primaria.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DE 3º a 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2020/2021, así como os libros emprestados no curso 2020-2021, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

 

 

DATAS DE INTERESE

  • 21 de maio a 22 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
  • 16 ao 22 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados.
  • Antes do 9 de xullo (07/07/21). Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
  • Dous día despois da provisional. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
  • Antes do 16 de xullo (12/07/21). Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
  • 02 e 03 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.