Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Escola de Nais e pais
|
Escola de Nais e Pais O Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei 4/2011, establece no seu artigo 27 que cando así se determine no plan de convivencia de cada centro e cos requisitos que se establezan naquel documento, poderán crearse as escolas de nais e pais para por iniciativas tendentes a previr e resolver conflitos de convivencia, mellorar a convivencia e fomentar o respecto mutuo e a tolerancia no centro educativo. As referidas propostas serán elevadas ao consello escolar de cada centro e serán recollidas na memoria anual da Comisión de Convivencia.As escolas de nais e pais, como recurso e espazo facilitador da participación das familias, representan unha oportunidade para a mellora da calidade na relación familias-escolas, que constitúe un piar fundamental para calquera sistema educativo. Co obxecto de promover a creación e o efectivo funcionamento das escolas de nais e pais previstas na lexislación vixente e nas iniciativas vinculadas a programas educativos institucionais, como modo de garantir a convivencia pacífica e a participación das nais, dos pais e dos representantes legais, como integrantes de pleno dereito da comunidade educativa. |
|