Almorzos e microrrelatos cooperativos


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

ALMORZO E MICRORRELATOS COOPERATIVOS

AGACA


Este programa de fomento dos almorzos saudables enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. AGACA, comprometida co cooperativismo agroalimentarios e coa alimentación e os hábitos de vida saudables durante todas as etapas da vida, poñemos en marcha esta acción para iniciar unha actividade coa poboación en idade escolar (nenos) en 2019 e 2020, a través de sesións teórico-prácticas nas que os pequenos reforzan coñecemento teórico sobre hábitos de alimentación saudables, en especial, o de almorzar todos os días xunto coa práctica da actividade física, incluíndo para iso un almorzo nutritivo e saudable, e o coñecemento básico do cooperativismo mediante o exercicio dun xogo cooperativo a realizar cos nenos, aos que a maiores se lles entrega un pequeno manual/comic elaborado para estas accións sobre diferentes xogos cooperativos, e, finalmente, acompañado por un maior coñecemento real da produción láctea, tan importante en Galicia.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

PRESENTACIÓN da actividade ao alumnado: 10 minutos.
PARTE TEÓRICA. 30 minutos: Charla
ao alumnado sobre a importancia de alimentarse de forma variada e equilibrada, de practicar actividade física no día a día e beber auga, para crecer sans e fortes, prestando especial atención á necesidade de almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable. Será impartida por unha experta nutricionista. Entregaráselles un póster sobre con propostas de almorzos saudables parra levar á casa, e presentarase a degustación a realizar.
PARTE PRÁCTICA. 45 minutos. Levarase a cabo un almorzo no que os asistentes farán a seguinte degustación: unha ración de froita de tempada, leite enteiro, e pan galego con aceite de oliva. Entregaráselles un póster en formato A3 e un cómic, especialmente deseñados para o programa.


  • Alumnado de 4º de EP. 21 de xaneiro.