Danza (é) cine


 

Danza (é) cine

Auditoriode Galicia


Con DANZA(É)CINE, e como celebración do Día Mundial da Danza, propóñennos que o alumnado participante explore as relacións expresivas e narrativas dos números de danza de distinta tipoloxía en filmes de distintas épocas.

Un espectáculo didáctico producido ad hoc para esta programación, no que se conta con 4 bailaríns / bailarinas: unha parella de bailes latinos e bailes de salón da escola Sons Club de Baile e Marta Alonso e Paula Quintas de Danza Alfaia.

  • Día 24 de abril. Alumnado de 4ºEP. Salón de actos do centro.
  • Día 29 de abril. Alumnado de 4ºEP. Auditorio de Galicia.