Casa de Rosalía e Galipark


Resultado de imagen de CASA DE ROSALIA

 

CASA DE ROSALÍA

Padrón


No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo en 1972. A Fundación, que continúa o labor do Padroado, é a actual propietaria.

Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.

GALIPARK

Padrón


O parque multiaventura de Padrón conta con máis de 24.000 m².

O parque acolle unha variada oferta de actividades. Poderase gozar de diferentes actividades: circuítos multi-aventura, con 3 niveis de dificultade, 43 retos e máis de 853 metros de actividades.

 

  • 24 de xuño. Alumnado do Club de Ciencia.