Día da Paz


 

Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA", en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e que foi asasinado ese mesmo día en 1948.

   

Actividades


  • Día 29 ás 13:00 (3º e 4º EP). Conferencia: "Os dereitos da infancia" por Nuria Palmero Sande.
  • Día 30 (5º e 6º EP) ás 12:30. Conferencia: "Os dereitos da infancia" por Nuria Palmero Sande.
  • Día 30. Visualización do vídeo no salón de actos. Alumnado de EI de 09 a 09:50. 1º e 2º EP de 9:50 a 10:40. 3º e 4º EP e 10:40 a 11:30.
  • Día 30 de 11:30 a 11:50. Canción: o alumnado colocarase por filas na saída cuberta de arriba. Proponse que veñan preferentemente vestidos con cores vivas e con lazos, cintas (poden ser coma as utilizadas nos murais do cole), ou  pañoletas atados, colgando lixeiramente nos pulsos.  Primeiramente cantarán “As túas cores” e, seguidamente, “Madre tierra”.