LandArt


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

LandArt

Carballeira de Santa Susana


O Land Art é unha tendencia da arte contemporánea, que utiliza o marco e os materiais da natureza (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre».

A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada.

O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ao observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ao mesmo tempo a dor, debido á deterioración ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-artista co medio.

  • Alumnado de EI e 1º ciclo de EP. 14 de xuño. Carballeira de Santa Susana.