Parque rupestre de Campolameiro


 

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE

CAMPOLAMEIRO


A investigación é unha das funcións esenciais que ten que cumprir o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. Na súa calidade de centro de referencia participa en programas de investigación en relación cos petróglifos e o seu contexto social e ambiental e establece relacións de cooperación e colaboración con outros centros afíns, universidades ou institucións culturais coa finalidade de favorecer o intercambio de experiencias e a transmisión de coñecemento experto.
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro, xunto coas áreas arqueolóxicas de Tourón (Ponte Caldelas), Caeira (Poio) e os petróglifos de Mogor (Marín) forma parte dunha gran rede europea que aglutina ata 120 destinos arqueolóxicos situados en España, Francia, Portugal, Noruega, Italia e Irlanda, que basean a súa oferta turística e patrimonial na arte rupestre.

  • Alumnado de 4º de EP. Martes 5 de xuño.