Visitamos a Finca do Espiño


 
 
  A finca do Espiño


 

Os 18.000 metros cadrados da Finca do Espiño atesouran unha importante riqueza botánica e zoolóxica. Neste parque, inaugurado en agosto de 2014, poden contemplarse camelios de máis de 80 anos, así como unha carballeira con 250 exemplares —algúns con máis dun século de antigüidade—, 100 acivros, unha picea de Noruega e unha grande araucaria. Castaños, magnolios, numerosos arbustos e plantas florais completan, xunto ás ruínas dun palacete de estilo neogótico, os atractivos deste espazo recuperado.

O parque conta ademais cunha zona lacustre —recicla a auga da chuvia para abastecer o sistema de rego— e merendeiros.

  • Alumnado de 3ºB. 26 de febreiro.
  • Alumnado de 3ºC. 27 de febreiro.
  • Alumnado de 3ºA. 02 de marzo.