EDL. Actividades anuais 17-18


  

Resultado de imagen de victoria moreno   ACTO LETRAS GALEGAS - INFANTIL
15-5-2018 (12:00h. salón de actos)
  • 3 anos A. Baile: “Esto bailase así”.
  • 4 anos A. Canción: “Ven conmigo ven”.
  • 5 anos A. Conto: “O coelliño blanco”.
  • 3 anos B. Canción: “A vaca Marela”.
  • 4 anos B. Canción: “ Imos bailar”.
  • 5 anos B. Conto e canción: “De que cor son os bicos”.
  • 3 anos C. Canción: "Marcho que teño que marchar”
  • 4 anos C. Canción: “Fun ao mercado”.
  • 5 anos C. Títeres: “Unha eiruga moi larpeira”.

ACTO LETRAS GALEGAS – 1º, 2º, 3ºEP
15-5-2018   (09:30h. salón de actos)
  • 1ºB. Representación: “A historia de Don Ramón”.
  • 1ºC. Representación: “Xa non teño medo”.
  • 2ºA. Canción: “Eu teño unha vaca marela”
  • 2ºB. Representación: “Un mais”.
  • 2ºC. Representación: “Can branco can negro”.
  • 3ºA. Canción: “Todos somos capitáns”.
  • 3ºB. Representación: “O punto da escarola”.
  • 3ºC. Recitado: Varios poemas.
  • 1ºA. Canción: “O arco da vella”.
  • Intepretación conxunta:  “Himno galego”.

ACTO LETRAS GALEGASCONCURSO RELATO ORAL: 4º, 5º. 6ºEP
16-5-2018 (09:30h. salón de actos)
  • Relatos orais:
    • Relato 1. 5ºC: “ Mazarico Federico”.
    • Relato 2. 6ºA: “A historia da miña nai”.
    • Relato 3. 6ºB: “Un regalo repetido”.
    • Relato 4: “Invencións pouco orixinais”.
    • Relato 5. 6ºC: “O San Xoan”.
    • Relato 6: “Os problemas do noso mundo”.
    • Relato 7: “Semellanzas e diferenzas entre homes e animais”.
  • 4ºB. Vida e poemas de Mº Victoria Moreno.
  • 4ºA. Canción: “O ceo”.
  • 4ºC. Representación: “A festa no faiado”.
  • 5ºA. Canción: “Ahí ven o maio”.
  • 6ºC. Representación: “Que é o amor?”.
  • 6ºC. Poemas varios.
  • 5ºB. Canción: “Debaixo da figueira”.
  • Intepretación conxunta: “Himno galego”.
  • Entrega de premios:  concurso tecnolóxico e de relatos orais.


 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o venres 11 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

PREMIOS:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para cada gañador ou gañadora dos seguintes niveis agrupados: EI, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal. As gañadoras e gañadores foron:
  • Irene Molina Verde de 6º EI B.
  • Marta Lama Fernández de 2º EP B.
  • Alex Sarrapio Pereira de 3º EP A.
  • Marta Amboage López de 6º EP B.

 

        

 

 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno.  
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

O próximo 31 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia.
As cabazas e os froitos de outono acompañarán a celebración. Poderán decorarse sen baleirar co obxecto de que a súa durabilidade sexa maior. A partir do 26 de outubro comezaremos esta exposición.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN