Rubicundo


 

 

 

RUBICUNDO

Auditorio Afundación


Todas as noites Rubicundo sae na súa bicicleta encima da árbore do seu xardín rumbo á noite escura. Parece que ninguén repara nesta personaxe con abrigo e chapeu de copa. Ninguén excepto a curiosa e soñadora Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio.

Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que nos anima a perseguir os nosos soños sen límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasan pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outros.

Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

  • 28 de novembro. Alumnado de 3º e 4º de EP.