Guillermo Tell


 

GUILLERMO TELL

Auditorio de Galicia


A historia do lendario Guillermo Tell para os máis pequenos

É unha adaptación dunha obra coñecida internacionalmente sobre a vida do lendario Guillermo Tell. Por medio de diferentes obxectos como monicreques e bonecos, ademais de proxeccións audiovisuais, represéntase a vida deste personaxe.

A súa coñecida vida, desde que é prisioneiro ata que consegue a liberdade, represéntase dun modo que interese aos máis pequenos. Esta obra está enfocada a nenos de 6 a 12 anos e producida polo Gran Teatro do Liceo.

A representación está formada por un conxunto de músicos e comediantes que levan a obra da mellor maneira e explican a lenda do coñecido Guillermo Tell. O espectáculo represéntase mediante a Compañía de Comediantes A Baldufa e dálle un estilo humorístico para que sexa rechamante para os máis pequenos e poidan aprender e gozar ao mesmo tempo.
  • 30 de outubro. Alumnado de 3º e 4º de EP.
  • 31 de outubro. Alumnado de 5º e 6º de EP.