Casa Alvarella


  Casa Alvarella


Próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume, unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como Ferrol (20 km), Betanzos (15 km), Pontedeume (5 km) e A Coruña (25 km), coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados. Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue é un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas, con aproveitamento da enerxía solar. 

Entre as actividades a realizar destacamos:

  • Coñecemento das árbores do bosque.
  • Xogo de pistas sobre a enerxía.
  • Estampado de camisetas.
  • Alumnado de 1º e 2º EP. 6 de xuño.