Teatro. A galiña azul


 

TEATRO: A GALIÑA AZUL

Teatro Principal


A galiña azul é unha obra narrativa de literatura infantil de Carlos Casares, gañadora do 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968 e publicada o mesmo ano por Galaxia na colección Tartaruga.
Consta de cinco pequenas historias entrelazadas:

    "O peixe da fonte do xardín"
    "A bomba da felicidade"
    "A galiña azul", "A formiga esquiadora"
    "O final da historia da galiña azul".

As historias son fantásticas, e nelas teñen protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable. Os contos foron escritos para unha rapaza de 7 anos, Ana, que marchou cos seus pais a Cantabria, para que non esqueza as súas orixes galegas.


  • 16 de maio. Alumnado de 2º EP.