Día Internacional dos Bosques


 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

 


As árbores representan o 40% do fornecemento actual de enerxía renovable no mundo, unha cantidade maior ca xerada polo sol, a auga ou o vento (enerxía solar, hidroeléctrica ou eólica). O emprego da madeira como fonte de enerxía (dendroenerxía) para cociñar, quentarse e xerar electricidade supón un recurso renovable no que se empregan en torno a 1860 millóns de metros cúbicos ao ano. Polo que o uso e coñecemento deste recurso é de gran importancia para a redución do consumo de combustibles fósiles, a mitigación do cambio climático e o fomento do desenrolo sostible.
Nas cidades, as árbores tamén xogan un papel clave no aforro enerxético, pois a colocación estratéxica de especies arbóreas de sombra poden modificar o clima urbano, dando estabilidade á temperatura (chegando a arrefriar o aire do verán entre 2 e 8 ºC) e subindo os niveis de humidade ao seu redor polo efecto da evapotranspiración.

Para conmemorar o "Día Mundial dos Bosques" en colaboración co Concello de Santiago realizamos unha plantación de árbores froiteiras no centro.

  • Alumnado de EP