Play Energy


 

PLAY ENERGY

Enerxía nas aulas


PlayEnergy é un obradoiro itinerante que leva o mundo da electricidade ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

O alumnado entra en contacto co mundo da enerxía mediante unha serie de experimentos de maneira directa e tanxible, reforzando así os conceptos aprendidos en clase.

O seu obxectivo é ampliar o coñecemento dos escolares sobre a enerxía e fomentar o seu uso eficiente e racional, así como transmitir hábitos e actitudes orientados á eficiencia enerxética e a sustentabilidade. O desenvolvemento destes obradoiros teñen un compoñente lúdico, atractivo e emocional, co obxectivo de que o alumnado aprenda mentres xoga.

 

  • Alumnado de 3º e 4º de EP. 7 de marzo