No marco dunha proposta de aprendizaxe servizo o alumnado de 5º de Educación Infantil visitou o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón. Cada grupo representou tres contos, cantamos unha canción e recitamos, a través da linguaxe de signos, unha poesía de Manuel María. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora para o alumnado e as docentes, brindounos a oportunidade de reflexionar sobre a diversidade e as diferenzas.