Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
XVI Campaña de animación á lectura
XVI Campaña de animación á lectura Contos para despois da chuvia A campaña deste ano está baseada no traballo de Miguel Rico, que resultou gañador do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado por este Departamento de Educación e Cidadanía e a Editorial Kalandraka. Esta iniciativa, que xa vai pola súa XVI edición, desenvolverase dende o 1 de abril ata o 14 de maio de 2016 e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago. Quere achegar a lectura aos nenos e ás nenas ao mesmo tempo que se crea un clima agradable e motivador que favoreza a escoita e o poder da palabra como elemento evocador. Ademais, dende o Departamento quérense promover as tradicións e expresións orais en lingua galega como vehículo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.
|
||||
|