Teatro: Babiliglub


  Babiliglub


TEATRO PRINCIPAL

¿Sería posible contar unha historia con catro palabras' Unha pregunta que soa a reto para o valente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe dicir Miau! Un Miau! que provoca unha desafortunada resposta por parte da fauna mariña composta por peixes multicolores e un polbo que só acertan a dicir 'non!'. Un 'non!' lóxico nun universo mariño onde o guay, o propio e 'politicamente correcto' é dicir 'glub!'. Que ten que suceder en Babiliglub para que se poida proferir o ansiado 'si' que o espectador agarda' Xa o verás. Miau!, non!, glub!, si!, catro palabras. Un discurso pola tolerancia e a aceptación da diferenza.

  • Alumnado de 1º de EP. 23 de febreiro.