Os instrumentos musicais e o baile na tradición galega


  Os instrumentos musicais e o baile na tradición galega

AUDITORIO DE GALICIA

Ao longo da actuación ides poder ver os diferentes instrumentos musicais que en Galicia se teñen empregado para acompañar o canto ou ben para producir melodías. Os cantos usábanse frecuentemente para acompañar e aliviar as pesadas tarefas do campo (como sachar, segar, mallar, esfollar, traballar o liño, etc.) e tamén en diferentes partes do ciclo do ano (no Nadal, no Antroido, na Pascua, nos Maios, etc.). Outra función moi importante dos cantos foi a de acompañar os bailes que se facían nos días de cotío despois do   traballo, cando non se dispoñía dun gaiteiro ou de outro músico que interpretara melodías.

  • Alumnado de 4º de EP. 22 de xaneiro.