Concursos 15-16


 

Maratón musical


 

Si cantas, bailas ou tocas algún instrumento, participa o día 18 de xuño no maratón musical de fin de curso.
Ese día entregaranse os premios do relato escrito
Anótate na Xefatura de Estudos antes do 10 de xuño.

 

 


 

 

Concurso de postais de Nadal


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o mércores 9 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

PREMIOS:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para o gañador/a dos seguintes niveis agrupados: EI, 1ºe 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.
   

   


Concurso tecnolóxico


No segundo trimestre, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso tecnolóxico.
No concurso poderá participar o alumnado de 5º e 6º de EP do centro.
Os traballos consistirán na creación dun aparello no que se empreguen diversos elementos tecnolóxicos estudados e deberán ser entregados ao titor/a respectivo antes do 4 de marzo.
No traballo figurará o nome, curso e nivel do alumnado. O xurado valorará o inxenio, a calidade e a concordancia entre o traballo realizado e á idade do autor.

PREMIOS:

O gañador recibirá un premio de 50€ nun ticket-regalo que se entregará o día do festival das Letras Galegas.

Gañador: Manuel Basante de 6º A

 

   

  Un conto en 99 palabras

Cada nena/neno que o desexe, desde 1º a 6º escribirá un conto de 99 palabras que poderá escribir no colexio ou na casa.

INSTRUCCIÓNS PARA A LECTURA DOS CONTOS RÁPIDOS DURANTE A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
1º Os alumnos poderán ler durante a hora de recreo ou durante o proxecto lector  os contos escritos polos seus compañeiros.
2º Os contos estarán ubicados nas saídas de cada un dos recreos de primaria.
3º Cada conto terá unha cor e un código.
4º O alumnado disporá dunha tarxeta para valorar as lecturas realizadas, debendo colocar no respectivo recadro o código e a valoración do conto escollido.

PREMIOS:

Un agasallo para o gañador/a dos seguintes niveis agrupados: 1ºe 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
O premio entregarase o día do maratón musical.
   

   

  Relato oral

No concurso poderá participar o alumnado de 5º e 6º de EP do centro. Os traballos consistirán na creación dunha historia de base popular, literaria ou creación propia.
Valorarase a calidade lingüística respectando un tempo máximo de 5 minutos. As narracións, individuais serán expostas nos festivais da Semana das Letras Galegas.
A inscripción realizarase na Xefatura de Estudos unha semana antes do respectivo festival das LLGG.
O xurado estará composto por dous representantes de cada clase.

PREMIOS:

O gañador ou gañadora recibirá un premio de 50€ nun ticket-regalo.
O premio entregarase o día do festival das LLGG.

Gañadora: Antía Tato de 6ºC.