Magosto 15
Enviado por ceippio12 o Sáb, 2015-10-10 19:29
|
|
O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva este nome.
Nós, no colexio, celebrarémolo o venres 6 de novembro.
...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O MAGOSTO
|
|
|
|
|
|
|
|
Na primeira semana de novembro realizaremos no colexio unha exposición de trompos decorados, na que poderá participar todo o alumnado.
XOGAR AOS TROMPOS
Pode xogar un só, por diversión, ou con outros. Faise nun terreo duro de terra, xeralmente nun camiño. É un xogo típico de utono que actualmente está en desuso.
O trompo é unha peza de madeira de forma cónica, cunha pica na punta e unha parte saínte no outro extremo chamada cú. Os máis correntes teñen unha altura aproximada de 7 cm, incluída a pica, e un diámetro de 4,5 cm na parte máis ancha. Había uns trompos máis pequenos e outros máis grandes chamados carabinas que se facían de madeira na casa.
Para facer bailar o trompo emprégase o chorrillo, cordel ou brenza, un anaco de cordel de aproximadamente1,10 mde lonxitude que se enlea arredor comezando pola pica e deixando unha parte solta para enganchar nos dedos.
Hai dúa maneiras de tirar o trompo para facelo bailar:
- De home: lanzándoo desde arriba á altura do ombreiro, así colle máis forza e pica máis forte na terra.
- De muller: lanzándoo á altura do xeonllo
Ás veces cámbiaselle a pica aos trompos para que teñan saída, que bailen mellor e non queden dentro do círculo. A buxaina é semellante ao trompo, máis pequena e faise bailar coa man.
REFRÁNS
- Polo San Martiño trompos ao camiño.
- Polo San Andrés trompos outra vez.
- Por Santa Eulalia trompos á borralla.
- En xaneiro, trompos ao fumeiro.
- Polo San Amaro Trompos ao tellado (ou ao faio).
|
|
|
|
|
|
|