Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización GlobalMarch, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
Dende os anos 90 traballou activamente co movemento indio contra o traballo infantil. A súa organización Bachpan Bachao Andolan liberou máis de 80.000 nenos de varias formas de escravitude, axudándoos posteriormente para facer posibles a súa reintegración, rehabilitación e educación.1 Gañou o Premio Nobel de la Paz 2014 xunto a Malala Yousafzai «pola súa loita contra a represión dos nenos e mozos, e polo dereito de todos os nenos á educación».
Satyarthi desenvolveu campañas mundiais sobre temas sociais relacionados coa infancia. Formou parte da Marcha mundial contra o traballo infantil e o seu órgano internacional de promoción, o Centro Internacional sobre traballo infantil e educación (ICCLE). Unha das súas formas para combater o traballo escravo é concientizar aos consumidores para non comprar produtos fabricados por nenos esclavos. Sufriu varios intentos de asasinato debido á súa cruzada abolicionista. As contribucións de Satyarthi foron recoñecidas con varios premios internacionais. Entre eles,
2014: Premio Nobel de la Paz, compartido con Malala Yousafzai.
2009: Premio Defensores da Democracia (Estados Unidos).
2008: Premio Internacional Alfonso Comín (España).
2007: Medalla do Senado italiano.
2007: Recoñecido na lista de "Heroes que actúan para rematar coa escravitude moderna" do Departamento de Estado dos Estados Unidos.
2006: Premio Liberdade (Estados Unidos).
2002: Medalla Wallenberg, concedida pola Universidade de Michigan.
1999: Premio dos dereitos humanos da Fundación Friedrich Ebert (Alemania).
1995: Premio RobertF. Kennedy de Derechos Humanos (Estados Unidos).
1995: Premio Trumpeter (Estados Unidos).
1994: Premio Internacional da Paz de Aquisgrán (Alemania).
1993: Seleccionado como Emprendedor Social de Ashoka (Internacional).
8 de maio. Alumnado de 5º e 6º de EP. IES Rosalía de Castro.